Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018

Comisario Juan de Nieves Del 17 de diciembre 2020 al 30 de enero 2021

Nota de prensa y C.V.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso superior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
 Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.
Berta Cáccamo. Papeis 1988-2018. Piso inferior.

 

A finais da década dos anos oitenta do pasado século, cando Berta Cáccamo comeza a desenvolver unha linguaxe propia e a ceibarse daquela expresividade xestual e matérica dos anos de formación en Barcelona, intúe que a natureza e a enerxía do soporte -a memoria que emana da súa condición silandeira e precaria- era un elemento indisolúbel da acción de pintar. As súas teas e papeis daqueles anos iniciais son algo máis que soportes baleiros e neutros; revélanse, máis ben, como descubertas azarosas que a artista elixe e observa desde o afecto e o respecto polos seus accidentes e configuracións particulares, en definitiva, pola súa biografía íntima. Este achegamento curioso, afectivo, vai estar presente no traballo de Berta Cáccamo ao longo de trinta anos de produción e experimentación constantes.


Cando a artista se traslada a París en 1990, e durante os dous anos que permanece no seu estudo de Pantin, a súa dedicación ás pinturas sobre teas e lonas de grande formato simultanéase coa produción de toda unha serie de papeis íntimos que sobrecollen pola súa elementalidade. A superficie daqueles papeis avellentados e a miúdo esgazados na súa contorna, magoados en ocasións pola humidade ou polas pegadas dunha manipulación allea, adquiren un protagonismo procurado e necesario sobre o que esvaran formas iluminadas e augacentas, desprazadas co obxectivo, precisamente, de permitir que o papel fale. A forma coa que Berta Cáccamo se enfronta a estas pequenas superficies non é subsidiaria da súa pintura, nin elas constitúen ensaios previos ou bosquexos para trasladar ás súas grandes teas. Os papeis, xa desde aquel momento inicial e no curso de toda a súa traxectoria, constitúense como entidades significantes e plenamente autónomas. En efecto, a súa dedicación e amor polos papeis levou a artista a matinar na posibilidade de construír un relato do seu traballo baseado só na poética do papel. Desde este desexo, nunca realizado en vida dun xeito retrospectivo, inspirámonos para levar a termo este proxecto na galería Trinta, coa que traballou de maneira fiel desde o ano 1994 até o momento do seu falecemento en 2018.


Esta exposición -atendendo tamén á propia configuración arquitectónica da galería- articúlase nos seus dous andares desde dúas perspectivas diversas pero complementarias. Mentres que o andar superior se organizou en base a asociacións de carácter poético entre as diferentes obras, na procura dun relato visual “ahistórico” de resonancias inesperadas, o espazo inferior da galería guíase por unha narración de xorne cronolóxico a partir dunha serie de papeis seleccionados, e acompáñase dun único relato documental que se nutre con materiais do arquivo da artista e da galería Trinta: notas e reflexións de carácter estético e procesual, fotografías, cartas, rexistros das exposicións nas que participou a artista ou textos seleccionados da prensa e outras publicacións especializadas. Esta sala conta tamén cunha vitrina dedicada a unha selección de libros de artista, unha práctica que Berta Cáccamo produciu incansabelmente ao longo de toda a súa vida. No andar superior sitúase ademais unha gran mesa na que os visitantes poden consultar algunhas das publicacións máis salientábeis da artista. Arredor desta mesa celebraranse algúns encontros co público para conversar sobre a práctica artística de Berta Cáccamo e sobre a súa posición como artista muller no contexto da arte galega das últimas décadas.


Este percorrido pola súa obra en papel -un itinerario de trinta anos de pensamento e produción- sitúa a Berta Cáccamo -en Galicia e no estado español- como unha das artistas máis singulares do seu momento, radicalmente independente e en constante proceso de aprendizaxe e experimentación. As diferentes etapas da súa produción artística, que a galería Trinta presentou durante vintecinco años, testemuñan un exercicio de rigor e coherencia co tempo que lle tocou vivir.






A finales de la década de los años ochenta del pasado siglo, cuando Berta Cáccamo comienza a desarrollar un lenguaje propio y a despojarse de aquella expresividad gestual y matérica de los años de formación en Barcelona, intuye que la naturaleza y la energía del soporte -la memoria que emana de su condición silente y precaria- era un elemento indisoluble de la acción de pintar. Sus telas y papeles de aquellos años iniciales son algo más que soportes vacíos y neutros, más bien se revelan como descubrimientos azarosos que la artista elige y observa desde el afecto y el respeto por sus accidentes y configuraciones particulares, en definitiva, por su biografía íntima. Esta aproximacióncuriosa, afectiva, va a estar presente en el trabajo de Berta Cáccamo a lo largo de treinta años de producción y experimentación constantes.


Cuando la artista se traslada a París en 1990, y durante los dos años que permanece en su estudio de Pantin, la dedicación a las pinturas sobre telas y lonas de gran formato se simultanea con la producción de toda una serie de papeles íntimos que sobrecogen por su elementalidad. La superficie de aquellos papeles envejecidos y a menudo rasgados en sus contornos, mancillados en ocasiones por la humedad o por los rastros de una manipulación ajena, cobran un protagonismo buscado y necesario sobre el que deslizar formas iluminadas y acuosas, desplazadas con el objetivo, precisamente, de permitir que el papel hable. La forma en la que Berta Cáccamo se enfrenta a estas pequeñas superficies no es subsidiaria de su pintura, ni estas constituyen ensayos previos o bocetos para trasladar a sus grandes telas. Los papeles, ya desde aquel momento inicial y a lo largo de toda su trayectoria, se constituyen como entidades significantes y plenamente autónomas. En efecto, su dedicación y amor por los papeles llevó a la artista a imaginar la posibilidad de construir un relato de su trabajo basado solamente en la poética del papel. Desde este deseo, nunca realizado en vida de una manera retrospectiva, nos inspiramos para llevar a cabo este proyecto en la galería Trinta, con la que trabajó de manera fiel desde el año 1994 hasta el momento de su fallecimiento en 2018.


Esta exposición -y atendiendo también a la propia configuración arquitectónica de la galería- se articula en sus dos plantas desde dos perspectivas diversas pero complementarias. Mientras que la planta superior se ha organizado en base a asociaciones de carácter poético entre las diferentes obras, buscando un relato visual “ahistórico” de resonancias inesperadas, el espacio inferior de la galería se guía por una narración de carácter cronológico a partir de una serie de papeles seleccionados, y se acompaña de un mismo relato documental que se nutre con materiales del archivo de la artista y de la galería Trinta: notas y reflexiones de carácter estético y procesual, fotografías, cartas, registros de las exposiciones en las que participó la artista o textos seleccionados en prensa y otras publicaciones especializadas. Esta sala cuenta también con una vitrina dedicada a una selección de libros de artista, una práctica que Berta Cáccamo produjo incansablemente a lo largo de toda su vida. En la planta superior se sitúa además una gran mesa en la que los visitantes pueden consultar algunas de las publicaciones más destacadas de la artista. En torno a esta mesa se celebrarán algunos encuentros con el público para conversar sobre la práctica artística de Berta Cáccamo y sobre su posición como artista mujer en el contexto del arte gallego de las últimas décadas.


Este recorrido por su obra en papel, a lo largo de treinta años de pensamiento y producción, sitúa a Berta Cáccamo -en Galicia y en el estado español- como una de las artistas más singulares de su momento, radicalmente independiente y en constante aprendizaje y experimentación. Las diferentes etapas de su producción artística, que la galería Trinta presentó a lo largo de veinticinco años, testifican un ejercicio de rigor y coherencia con el tiempo que le tocó vivir.


Juan de Nieves





© Copyright 2009-2021 TRINTA |  Aviso legal |  Política de cookies |  Favoritos |  Inicio