Colectiva. Comisario: Ánxel Huete

Moi d´après moi 17 Septiembre - 20 Octubre

Nota de prensa y C.V.
Bea Mazaira
Bea Mazaira
Irene Vidal
Irene Vidal
Ignacio Alonso
Ignacio Alonso
Cris Durán
Cris Durán
Linet Heredia
Linet Heredia
Antón Caamaño
Antón Caamaño
Beatriz Vila
Beatriz Vila
Teresa Ferreiro
Teresa Ferreiro
Clara Sobrino
Clara Sobrino
Sandra Martínez
Sandra Martínez
Ana Villarino
Ana Villarino
Ana Arias
Ana Arias
Sandra Agra
Sandra Agra
Iñaky Pérez
Iñaky Pérez
Yolanda Fernández
Yolanda Fernández
Ana Sánchez
Ana Sánchez
Teresa Pece
Teresa Pece
Marga Araújo
Marga Araújo
Sabela Rial
Sabela Rial

 

Moi d´après moi (Eu por min mesmo)                      17 Septiembre- 20 Octubre 2009            

Comisariada por el artista Anxel Huete y coproducida por la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra.

Sandra Agra, Ignacio Alonso, Marga Araújo, Ana Arias, Antón Caamaño, Cris Durán, Yolanda Fernández, Teresa Ferreiro, Linet Heredia, Iñaky Pérez, Sandra Martínez, Bea Mazaira, Teresa Pece, Sabela Rial, Ana Sánchez, Clara Sobrino, Irene Vidal, Beatriz Vila, Ana Villarino.


"Moi, d´après moi" es el inusual resultado de un ejercicio de magisterio impartido por Anxel Huete a sus alumnos de pintura de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra. Partiendo de la lectura de textos teóricos clave para entender la praxis de la contemporaneidad, y desde una profunda reflexión sobre la mirada, se les propone abordar la ejecución de un autorretrato (género clave dentro de la tradición histórica de la pintura)  mediante el uso del soporte fotográfico como recurso instrumental al tiempo que como método de investigación por su relación (para algunos supuestamente anuladora) con la pintura. Parte clave del ejercicio supone el hecho de que el resultado de sus indagaciones sobre la imagen que de sí mismos tienen ha de ser expuesto a la mirada del público que frecuenta una galería de arte. El documento pues, es también una inicial base a sus potenciales carreras como artistas. Puede que no todos acaben sus estudios; es imposible determinar, de entre aquellos que lo hagan, quiénes o cuántos se valdrán de la fotografía como medio único de expresión; es casi seguro que ni siquiera consideran sus fotos como objetos "artísticos". En este caso no hay más currículum que sus nombres (anónimos) y sus rostros y cuerpos puestos al servicio de generar una "instantánea" que recoge un momento concreto de sus vidas, que les pone frente al reto de definirse ante sí mismos y para los demás al tiempo que les obliga a seleccionar las herramientas conceptuales y formales que les caracterizarán como creadores. Es por ello por lo que asombra tanta intensidad y valentía. No es gratuito el hecho de que el desnudo sea el recurso usado con más frecuencia: un desnudo literal y metafórico en cuanto que la sinceridad de su falta de red en esta experiencia les obliga a mostrarse tal cual son.

Así nos lo cuenta el comisario de la muestra, Anxel Huete:

 Eu, segundo eu mesmo é unha mostra que reúne dezanove artistas noveis, aínda alumnos de 2º curso de Belas Artes, que comparten a mesma estratexia produtiva arredor dunha proposta mediatizada por obxectivos de carácter práctico e teórico e a partir de postulados máis ou menos contemporáneos de pensadores significativos no ámbito da arte, entregados á indagación a través da imaxe, da relación entre fotografía e pintura, autores dende Plinio ou Leone-Battista Alberti a Philippe Dubois ou Serge Tisseron.

É pertinente indicar que a utilización da fotografía nesta exposición constitúe un recurso instrumental ou, se se quer, teórico, destinado a afondar na relación entre a discursividade da imaxe automática e o eu propio e subxectivo, dende a perspectiva da pintura en todo o seu percorrido histórico ao longo do xénero do autorretrato, para constatar que baixo a ollada do pintor a imaxe fotográfica cambia de estatus. 

Non menos pertinente resulta declarar que estas imaxes se abordan plenamente dende a “lóxica do index”. “A fotografía, pola súa xénese automática, manifesta irredutiblemente a existencia do referente pero isto non implica a priori que se lle asemelle. O peso do real que a caracteriza provén da súa natureza de pegada e non do seu carácter mimético”[1].  Declaración en consonancia coa idea de pegada luminosa, explícita nas concepcións de André Bazin “A fotografía é primeiro index, antes de ser icona”.

Como consecuencia destas premisas, a proposta expositiva configurase ao xeito dun conxunto xenuíno de individualidades confrontadas con elas mesmas no instante preciso de accionar o disparador, conscientes de realizar un acto que parte do presente para se proxectar cara ao futuro, que fixa elementos referentes cargados de contido, como material de narracións, lembranzas e historias, na seguridade de que na foto hai un tempo incluído que, embalsamado, remite ao pasado e a morte. En “A cámara lúcida”, Roland Barthes indaga sobre a ausencia e a morte a través dunha fotografía onde recoñece a súa nai aínda de nena e resume a mensaxe fotográfica nestes termos: “así foi”. Para el “o importante é que a foto posúe unha forza de verificación e que ese elemento verificador refírese non só ao obxecto, senón tamén ao tempo”

Hai outra perspectiva con orixe no mito de Narciso e a imaxe especular “Creo ser outro pero é sempre unha imaxe de min mesmo”[2]. A este respecto, Rosalind E. Krauss cita a obra Airtime, realizada por Vito Acconci en 1973: “o artista fala coa súa imaxe reflectida nun espello. Ao referirse a el mesmo adoita utilizar o pronome eu; non obstante, non sempre é así: en ocasións diríxese ao seu reflexo como ti. Ti é un pronome que substitúe, no espazo do monólogo, a unha persoa ausente, a alguén a quen imaxina dirixirse. Pero o referente deste ti evádese, cambia e regresa de novo ao eu que é el mesmo, reflectido no espello...”[3]

No fronte a fronte dirímese ademais o punto de vista na súa dobre acepción: “o meu punto de vista subxectivo co punto de vista da representación”. O sistema de representación tennos afeitos a identificar o noso propio punto de vista co da cámara, e por tanto, cun reflexo frontal e completo do “eu”. “Mesmo cando non aparece nela ningún rostro, toda fotografía está habitada pola experiencia do outro. Toda fotografía impón, en efecto, un punto de vista á escena representada nela. A través dese punto de vista prantéxase ao espectador a seguinte pregunta: pola forma en que foi realizada, ¿que lugar me asigna esta imaxe?”; pregunta tras da cal sempre xurde outra: ¿que lugar me asigna o autor desta fotografía?”[4]

Os artistas que integran esta exposición asumen posicións arriscadas e responsables; cada un compromete a súa imaxe cun relato connotado cultural e socialmente e fixa a pegada dunha posta en escena onde concorren en combinación estudada realidade e fición, naturalidade e impostura, para mostrar ao espectador parte da súa fonda intimidade, en intensa narración dun instante significante

Na observación que cada quen fai de el mesmo está implícita unha declaración de soberanía: sobre a miña imaxe teño algo que dicir; a propia ollada sobre un mesmo existe e ás veces procede confirmalo. Moi, d´après moi.

Ánxel Huete
Agosto 2009

[1] El acto fotográfico. Philippe Dubois. Ed.Paidós Comunicación, Barcelona 1994

[2] Op.cit. Ph. Dubois

[3] La originalidad de la vanguardia y otros mitos modernos. Rosalind E. Krauss. Ed. Alianza Forma. Madrid, 2006

[4] El misterio de la Cámara lúcida, Serge Tisseron. Ed. Universidad de Salamanca, 1996

 


TRINTA arte contemporánea
Rúa Virxe da Cerca 24, baixo.· 15703 Santiago de Compostela ·TLF Y FAX 981-58 46 23 ·ESPAÑA
http://www.trinta.net/· E-mail galeria.trinta@corevia.com
 
 
 


© Copyright 2009-2024 TRINTA |  Aviso legal |  Política de cookies |  Favoritos |  Inicio