Esta exposición é un exercicio visual e tanxible que fala destas relacións entre o humano e o material. Neste caso, a peza artística como ben de consumo. En moitas destas, o acabado industrial reforza o salto do factor cualitativo no que se basea a arte, ao cuantitativo, ao seriado, ao simple produto. Porén, a pintura como mercadoría pendurada da parede conserva aínda os seus derradeiros vestixios de artisticidade.”
Alberto Ardid, 2025.
_________________________________________
Alberto Ardid de Cabo
(Vigo, 1986)
Artista plástico e visual, traballa elaborando pezas que se poden situar entre a percepción e a materia, enfrontando elementos moi diferentes entre sí e que a súa vez poidan representar ideas contrapostas. Para elo, adoita empregar materiais de construción e referencias visuais que, ao misturarse e descontextu- alizarse, xeran moitos significados e grandes contrastes, con guiños á historia e á cultura de masas.
Actualmente reside e traballa en Vigo compaxinando o seu traballo artístico coa docencia de Plástica nunha escola de educación especial (Fundación Igual Arte), o deseño gráfico e a maquetación de libros.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona (2010), cun Máster en Profesorado na es- pecialidade de Debuxo pola Universidad de Vigo (2013). Actualmente cursando o Doutorado en Belas Artes na Universidade de Vigo.