José Freixanes

Fíos Del 16 de febrero al 28 de marzo 2023

Nota de prensa y C.V.

 O fío que tece o mundo 


Nunha tarde escindida polos lóstregos, José Freixanes cose nun costado do seu obradoiro. Esparexidas polo chan, teas de azul cobalto ou de vermello cadmio, como o que John Berger lle reclamaba dende Francia a un amigo en Dublín. Na mesa, fíos brancos ou de cor púrpura cos que zurce a imaxe dunha ave migratoria, o debuxo esquemático do labirinto de Mogor ou unha secuencia de olladas infinitas que nos interrogan sobre este tempo confuso. Remendos cos que pinta a paisaxe da memoria. Entón, as metáforas agroman nunha fervenza incesante de relatos da condición humana. Alegorías que concretan o coñecemento da existencia e debuxan unha cartografía da viaxe primixenia. Aquela que nos aproxima a un mundo máis alá dos límites establecidos, a que nos achega a todo aquilo que representa a unión dos opostos. Unha constante no seu traballo, vencellado coa súa contorna biográfica, pois Freixanes vive ancorado a dúas culturas se cadra antagónicas: á galega, polas súas orixes, e á oriental, coa que convive dende hai décadas. A obra como ese fío condutor que nos permite seguir tecendo e descifrando o tapiz do mundo. Formas e signos que hoxe se estenden no espazo da nosa cultura. Esa é a viaxe que a arte fai posible. 

Xosé Luís García Canido. 

Temos a venta o libro “Bueno Carallo Bueno” (Editorial Elvira, 2023), un poemario con textos de Alberto Avendaño e imaxes de José Freixanes que establece un diálogo artístico, lúdico e sentimental coa exposición. Prezo: 30€.


© Copyright 2009-2025 TRINTA |  Aviso legal |  Política de cookies |  Favoritos |  Inicio